Para remontarnos os inicios da súa andaina artística temos que retroceder ata os anos sesenta.
Esta maravillosa década coincide con Minimalismo no tempo, e Serra compartirá con este movemento:
1. A búsqueda da máxima expresión cos mínimos medios.
2. Otórgalle gran importancia ás propiedades do material e o proceso de fabricación.
3. A liberación da escultura do seu papel simbólico e da tradicional base ou pedestal, así a obra entabla unha nova relación co observador.
4. A experiencia do obxeto convértese en parte esencial.
5. Igual caos minimalistas, Serra utiliza materiais industriais.
6. O gran interés que concede ás características físicas dos materiais marcará toda sua obra posterior.
As súas primeiras obras poderiamos encadralas no movemento Antiform ou no Process Art,
a obra: Live Animal Habitat.1966. Técnica mixta. (40,5 x 86 x 25 cm) La Salita, Roma, 1966. Pertencería a este primer periodo.
O contexto do momento márcano os seguintes feitos:
•O artigo Anti- Form de Robert Morris sentou as bases deste novo xeito de entender a arte.
•A Exposición “Antiform” (1968) na Galería de John Gibson en Nova York, con artistas do nivel de Hesse e Serra entre outros
•A Exposición “Nine at Leo Castelli ” na Galería de Leo Castelli, con Hesse, Nauman, Serra, Morris…
Unha frase de Morris que define ben o que se buscaba na expresión artística é: “Para aumentala presenza física dunha obra cómpre darlle valor ó proceso de autoproducción”
Outro feito significativo, foi a famosa Lista de Verbos realizada polo mesmo R. Serra, quen mellor que el, que nos explique o significado desto:
“Nos años 1967 e 1968, escribín unha lista de verbos como medio para aplicalas diversas actividades a materiais non específicos. Enrollar, plegar, dobrar, recortar, partir, desgarrar, trocear, picar, cortar, desgaxar […] A linguaxe estructurou as miñas actividades en relación cos materiais, que tiñan a mesma función que verbos transitivos”
Comezou así a facer obras na que o proceso era fundamental, como en Splashing (1968),
que el mesmo ataviado cunha máscara a modo de traballador, non de artista burgués, arroxaba chumbo fundido contra a parede, coma se fose Zeus lanzando os tronos, e outra obra como Casting (1969), (abaixo)![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj4KazFm8dUenvLGJQizV8DAqMwRqFbBqtLK7sGMFHwlu0DTu9pcYzGGuIoymFxV7CECz9Sp33KKDF4JL0XtrmSQP0b_EsYBsUwNo2GNxMpVzL0AnFgyiYWl55zn3yziL0yEhmbCphnPaXP/s320/saletnik_fig12large.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj4KazFm8dUenvLGJQizV8DAqMwRqFbBqtLK7sGMFHwlu0DTu9pcYzGGuIoymFxV7CECz9Sp33KKDF4JL0XtrmSQP0b_EsYBsUwNo2GNxMpVzL0AnFgyiYWl55zn3yziL0yEhmbCphnPaXP/s320/saletnik_fig12large.jpg)
que son tiras de chumbo solidificadas, polo tanto, nestas dúas obras, existen os verbos: arroxar e solidificar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario