13/5/10

Gilberto Zorio no CGAC




O CGAC acolle dende o 16 de abril unha exposición monográfica do italiano Gilberto Zorio(1944,Andormo Micca, Italia)representante da arte povera.

A mostra, que permanecerá aberta ata o vindeiro 27 de xuño do 2010, inclúe unha ampla selección de obras do artista de diferentes épocas, desde a súa participación nesta histórica vangarda ata a actualidade.

Para a realización desta mostra, o espacio expositivo do Centro foi totalmente trastocado a través dunha serie de instalacións arquitectónicas que se alzan nas diferentes salas e crean así, novos espazos, novos percorridos e unha atmosfera máis compartimentada do habitual.

Trátase dunha ocasión única pola singular relación entre as obras do artista e o espazo do CGAC que interactúa coas propias pezas, e apartir de ahí, o autor crea arquitecturas ex profeso para a mostra, partindo do edificio existente polo que nunca veremos a mesma exposición de Zorio dúas veces. É por ese motivo polo que o aséptico e crepuscular espazo creado por Álvaro Siza, transfórmase con Zorio en algo ben diferente, vólvese un percorrido vivo e físico, alquímico, provocador e sorprendente, e o espazo, pleno de enerxía, convírtese nun camiño perfectamente delimitado, máis compartimentado e signográfico.

Moitas destas obras fannos partícipes do proceso que elas mesmas estan a vivir. Fannos percibir a luz que irradian, a calor que desprenden, a degradación que sofren, o movemento que elas mesmas xeneran e, dalgún xeito, transforman o espazo no que se ubican. Desinhibidamente presentan o seu interior e fan visibles os seus mecanismos mostrando os cables, os motores e dispositivos que lles dan esa presenza móbil no espazo.

É moi interesante observar a evolución do propio artista, aínda que a mostra non este rexida por critetios cronolóxicos. É bastante obvio discernir cales son as obras povera dos 60 e cales non. Percibímolo a través do gusto por determinados materiais como os ácidos ou o cobre, polos conceptos que primaban na súa primeira etapa: o gusto pola alquimia o antropolóxico, o orgánico, polo fluir do tempo e das cousas, por ese sentido da enerxía e, sobre todo do cosmos que eran constantes desde os inicios da súa carreira. Con todo, as obras máis recentes pertencentes xá o século XXI, aínda que comparten a esencia conceptual do fluir e do procesual, a forma de mostralo é ben diferente.

Xá non se trata de canoas, xavelinas ou cauchos, de materiais blandos e desbotables, senón que se trata de obras que viven por, e para mostrarse dun xeito, quizais, demasiado espectacular e pouco íntimo. Estrelas xigantes as que se lles poder achacar unha tendencia ao espectacular e ao teatral, pero aínda así, funcionan e son capaces de captar a nosa atención.

Zorio crea a sua iconografía persoal a través de estos símbolos recurrentes como a estrela, a canoa e a xavelina. Aposta por elas como proxeccións de enerxía, elementos de tensión, ideas alquímicas de creación e transformación, presentes no universo e, en concreto na nosa experiencia antropolóxica e vital.

É imposible etiquetar ou clasificar a súa obra en ningunha disciplina concreta, xa que son obras que traspasan os lindes da escultura, introducindo nas mesmas procesos de cambio continuo, movementos transitorios cada certos intervalos temporais. Propostas que xogan ao constructivismo ruso aproveitando as paredes do CGAC para instalar as súas pezas nunha tensión continua. Complicados mecanismos que aparecen apuntalados aos muros, as veces, a piques de caer. Veremos instalacións que interactúan co espectador chegando, incluso en ocasións, a convertir ao propio espectador en protagonista da obra.

Todo isto fai da mostra de Gilberto Zorio un interesante percorrido que transforma as salas do CGAC tratando de convencernos dos poderes da arte e da ineludible capacidade de fascinación que a arte ten.

Beatriz Haz García

2 comentarios:

  1. Bua!!! Que experiencia!!!, lembraste?¿??
    Grande esta entrada! E as fotos son geniales!!

    Hai que repetilo! xD!

    Bico enorme, princesa!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Estuvo genial la verdad!!!

    Un beso enorme

    ResponderEliminar