11/10/10

O artista da comunicación: O labor xornalístico de Luís Seoane.


Fundación Luis Seoane, 15 de Outubro de 2010. A Coruña.
Inauguración: 09:30-10:00 horas.

Como todos nos sabemos, Luis Seoane López (Bos Aires,1910-A Coruña,1979), é un dos referentes capitais da identidade cultural galega. Intelectual inquedo e poliédrico, licenciado en Dereito, escritor, deseñador, ilustrador, etc. 

A cruenta Guerra Civil española obrígalle a exiliarse en Arxentina, onde realiza un traballo inestimable de promoción da arte e literatura galegas, a través das coleccións  Hórreo e Dorna, entre outras. 

A súa dilatada e espléndida traxectoria artística pasa por múltiples e exquisitas etapas, e por diferentes soportes e medios, dende o debuxo, a ilustración de libros e revistas, o grabado, o deseño e a pintura. 

A faceta xornalística de Luis Seoane analizarase en profundidade o vindeiro venres 15 de Outubro, nunha xornada de conferencias e actos con sede na Fundación Luis Seoane (A Coruña), organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Observatorio Galego dos Medios. O encontro terá o título xenérico “O artista da comunicación: o labor xornalístico de Luis Seoane”, que reunirá na Fundación Seoane a una serie de expertos na figura do artista galego, así coma profesionais dos medios de comunicación, historiadores e críticos de arte que profundizarán na relación de Seoane co mundo da edición, o articulismo ou a ilustración en prensa, entre outras significativas cuestións.
A entrada será libre ata completar aforo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario